Inicio

Club Ciclista Os Esfola Arrós

O Club Ciclista Os Esfola Arrós nace a mediados da década dos noventa grazas á unión dun grupo de amigos que, habitualmente, se xuntaban para practicar este marabilloso deporte nun entorno natural que rodea o Val da Mahía, cos seus extraordinarios sendeiros que ano tras ano seguen vendo o paso dese grupo de amigos que pouco a pouco medrou ata converterse en club no ano 2009. Ten un elevado número de socios que todos os domingos se xuntan ás 9:30 da mañá para pedalear polos montes da zona e poder así desconectar e pasar unha mañá rodeada de boa xente, con inquietudes similares.

Xa dende fai uns anos roldaba no club a idea de celebrar diferentes actos para fomentar o uso da bicicleta entre a poboación e por fin, o ano pasado tomouse a decisión que moitos estaban agardando, a organización da 1ª edición da Marcha Cicloturista en BTT Os Esfola Arrós, calendada e federada pola Federación Galega de Ciclismo.

Ademais de este evento organizamos o I CRITERIUM OEA – MTE. SAN MARCOS, a I CRONOESCALADA – ALTO DE MOURENTÁNS, o II PASEO NOCTURNO EN BTT POR TERRAS DE BRIÓN e a II EXTREM OEA – 9 PICOS.

A complexidade e o tempo que leva a organización de estes eventos é moito e aparte ten uns custes que debemos asumir, pero isto non quita as enormes ganas que seguimos tendo e que farán que esta segunda edición non sexa máis que a continuación dun evento que esperemos se consolide no ámbito cicloturista galego.

Dende o Club Ciclista Os Esfola Arrós queremos invitalo a participar e colaborar connosco neste gran día de festa ciclista e ver o ambiente que haberá en BERTAMIRÁNS o 13 de abril de 2014.

LOGO OFICIAL 2012web